Ópera: "Parsifal", Richard Wagner

Printer-friendly versionSend to friendPDF versionFacebookTwitter
A 0 usuarios gústalles isto
Mar, 24/08/2010 - 19:00

Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela

Localización

Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela42° 53' 22.2612" N, 8° 32' 42.45" W

Nikolai Shukoff (Parsifal)
Violeta Urmana (Kundry)
Royal Liverpool Philharmonic (primeira vez en Galicia)
Coro da Ópera Nacional de Brno
Vasily Petrenko, director

“Parsifal”, a derradeira obra mestra de Richard Wagner, un drama existencialista sobre a condición humana que nos últimos anos ten regresado con renovado interese aos principais escenarios operísticos (só no 2004 representouse en Viena, Bayreuth, Londres, Hamburgo e Amsterdam), non se escoitara nunca antes en Galicia. O Xacobeo Classics propón ofrecerlles a todos os afeccionados galegos e a aqueles que nos visiten estes días unha versión en concerto concibida exclusivamente para as celebracións musicais deste Ano Santo.

A orquestra máis antiga de Gran Bretaña e o seu flamante director titular, Vasily Petrenko, artífices da gravación musical máis destacada do 2009 segundo a revista “Gramophone” (o seu rexistro da “Sinfonía Manfred” de Tchaikovski), chegan por primeira vez á nosa comunidade para seren protagonistas desta histórica estrea.

Nikolai Schukoff, elixido polo Festival de Salzburgo para cantar esta mesma ópera no seu próximo certame, ofrecerá aquí o seu aclamado Parsifal, un rol que xa ofrecera con grande éxito en Berlín e Dresde. E Violeta Urmana, a máis interesante Kundry dos últimos anos, interpreta este papel por primeira vez en España, días antes de viaxar a Arxentina para participar coa compañía de La Scala na reinauguración do Teatro Colón, xunto a Daniel Barenboim.

Javascript is required to view this map.

Comentarios

Vera Marsden (sen verificar) (Dom, 11/07/2010 - 15:51)

Vera Marsden's picture

may I book 2 tickets please

XacobeoGalicia2010 (Lun, 12/07/2010 - 10:39)

XacobeoGalicia2010's picture

Hi Vera,
We´re sorry but tickets are already sold out.

xiao (sen verificar) (Mar, 20/07/2010 - 13:35)

xiao's picture

Como compostelán afeccionado á música clásica, levo agardando moitos meses por este evento.

Se realmente "venderon" todas as entradas estarei abraiado e feliz ao comprobar que vivo nun povo culto e informado: moito me temo temo que non é así e que estes acontecementos seguen a ser xestionados do xeito irregular que caracteriza aos políticos de turno.

Enviar un comentario

El contenido de este campo se mantiene privado y no se mostrará públicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que es unha persoa real e impedir o envío automatizado de spam.
Image CAPTCHA
Introduce os caracteres que aparecen na imaxe