Orquesta de Cámara Galega (OCGA)

Printer-friendly versionSend to friendPDF versionFacebookTwitter
A 0 usuarios gústalles isto
Mér, 24/03/2010 - Sáb, 19/06/2010

Fundada no 1995, a Orquestra de Cámara Galega (OCGA) realiza o seu debut dentro do XLIV Festival de Ópera da Coruña. Dende aquela, presenta un repertorio que abrangue diferentes épocas e estilos, dende o barroco temperán ata a actualidade, facendo especial fincapé nos autores actuais. Nesta liña, dende o ano 2003, a súa actividade está ligada ao estudo e difusión da obra de Rogelio Groba Groba, canalizada a través dunha estreita e constante colaboración coa Fundación R. Groba.

Integrada por músicos profesionais, formados en diferentes conservatorios europeos, colabora con profesionais da importancia de Ara Malikian, Juan de Udaeta, José Luís Estellés, Anthony Pay, Teresa Berganza ou Juan Lomba. Tamén realiza gravacións para a RTVG e RTVE, participou na VI e VII edicións do Festival Internacional de Galicia e en numerosos concertos por toda a xeografía española. No 2005 foi a orquestra responsable da estrea mundial da ópera de Manuel García, “Don Quixote”.

No ano 2008, ademais de numerosos concertos por toda a xeografía galega e diversos puntos de España, realizou varias actuacións en Nova York, entre as que destaca a celebrada no Merkin Concert Hall da Fundación Kaufman, na que se procedeu á estrea mundial de "Concerto en arcos", de Rogelio Groba Groba.

A OCGA segue o modelo de dirección do século XVIII a través da figura do director-concertino, posto ocupado dende a súa formación por Rogelio Groba Otero.

Javascript is required to view this map.

Comentarios

Enviar un comentario

El contenido de este campo se mantiene privado y no se mostrará públicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que es unha persoa real e impedir o envío automatizado de spam.
Image CAPTCHA
Introduce os caracteres que aparecen na imaxe