Vivica Genaux, mezzosoprano

Printer-friendly versionSend to friendPDF versionFacebookTwitter
A 0 usuarios gústalles isto
Xov, 07/01/2010 - 21:00

Teatro Principal, Santiago

Localización

Teatro Principal, Santiago42° 52' 45.372" N, 8° 32' 36.1608" W

Carlos de Aragón, piano

Cancións, arias de ópera e romanzas de zarzuela de Manuel García, Pauline Viardot, G. Rossini,  José Serrano, Federico Chueca…

Vivica Genaux, unha  das máis aclamadas intérpretes vocais do repertorio barroco e belcantista  da actualidade, chegará a Santiago só uns días despois de completar a súa última  gravación para o selo Virgin, a ópera “Ercole sul Termodonte” con Europa Galante e Fabio Biondi, xunto un elenco ateigado de estrelas internacionais como Diana Damrau, Patrizia Ciofi e Joyce DiDonato.

A cantante de Alaska acadou dous grandes éxitos na recente tempada, con “Tancredi” en Viena, baixo a batuta de René Jacobs, e en “Il mondo della luna” de F. J. Haydn, dirixida por Nikolaus Harnoncourt. No seu recital compostelán interpretará a brillante cantata “Giovanna D’Arco” de Rossini, ademais de cancións de Manuel García, pai das célebres María Malibrán e Pauline Viardot, e unha ampla selección de romanzas de zarzuela, unha das súas máximas especialidades.

Javascript is required to view this map.

Comentarios

Enviar un comentario

El contenido de este campo se mantiene privado y no se mostrará públicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta faise para comprobar que es unha persoa real e impedir o envío automatizado de spam.
Image CAPTCHA
Introduce os caracteres que aparecen na imaxe